Por que se lanzou o PROGRAMA GAP?
Coa axuda do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, lanzamos esta iniciativa porque cremos que é preciso que na sociedade se produzca un cambio cara a estilos de vida sostibles que teñan en conta o equilibrio do noso planeta. Non podemos seguir consumindo os recursos sen pensar nos efectos que terá este gasto excesivo no futuro. Unha sociedade moderna debe ter tamén uns hábitos que permitan equilibrar o incremento da calidade de vida co respecto ao medio ambiente, a xusticia social e a solidaridade. Nas experiencias que se desenvolveron en todos os países a realización do PROGRAMA GAP serviu para que miles de fogares traballen por mellorar o planeta.
É difícil seguir e completar o programa GAP?
Nunha palabra, non! Ofrécense uns consellos para levar a cabo no fogar que son moi sinxelos. Por exemplo, sabías que deixar o teu aparello de televisión en modo “Stand by” supón o 10% do seu consumo total de electricidade? Simplemente apagando o botón consegues o seguinte: aforrar nas túas facturas eléctricas, aumentar a vida do televisor, reducir o consumo eléctrico, reducir as emisións das centrais térmicas, etc. Un sinxelo acto, se se multiplica por miles de fogares ten un impacto moi significativo.
Canto tempo me vai levar?
Non che vai levar moito tempo. Pedirémosche que cubras un pequeno cuestionario que tardarás menos de 5 minutos en completar. Facer as 6 propostas cada mes non supón moito tempo.
Que pasará cando complete o PROGRAMA GAP?
Enviarémosche un certificado que poderás descargar desde a túa páxina persoal e se o desexas poderás darte de alta no Club GAP, no que desde a túa páxina persoal terás acceso a unha gran cantidade de información para seguir mellorando os teus hábitos e poderás utilizar ferramentas para comunicarte con outros participantes, como foros, chats, etc.
Que pasa se comezo o programa GAP e non o remato?
Gustaríanos que o seguises durante todo o período. Se non queres facer algunha das accións non pasa nada. Pero como sabes: para poder cambiar un poico hai que facer un pequeno esforzo.
Como podo informarme dos resultados?
Terás unha páxina persoal e deseñamos uns gráficos moi interesantes nos que poderás comparar o teu esforzo co doutros fogares. Ademais os resultados globais do proxecto anunciaranse nos medios e sempre podes atopalos neste sitio web.