Que é PROGRAMA GAP

Cada día hai máis persoas que toman medidas para diminuír o seu consumo de enerxía, utilizan máis o transporte público ou a bicicleta, preocúpanse por non malgastar a auga e conciéncianse da necesidade de modificar os seus hábitos de compra e alimentación. Todo isto supón un beneficio para os seus petos, a súa saúde e a do planeta.

Fogares que realizaron o PROGRAMA GAP

Para a correcta visualización deste contido é peciso ter instalado o visualizador de Flash e Javascript.

Se non podes ver esta sección preme aquí para instalar gratuitamente o visualizador ou habilite o Javascript do seu navegador.

Contidos da película Flash:

Testemuño dun fogar participante no programa que conta como ao deixar de comprar as froitas e verduras en bandexas de plástico aforraron diñero e deixaron de xerar residuos plásticos

Beneficios para o teu fogar e para o planeta

Se te apuntas ao PROGRAMA GAP terás unha páxina persoal na que poderás descargar catro manuais con propostas de accións sobre como aforrar enerxía e auga, que podes facer para mellorar os teus hábitos de transporte e cales son as compras máis sostibles. Poderás ver os resultados que obtés con estas accións e o aforro que supoñen en litros de auga, kWh e quilogramos de CO2 que deixas de emitir á atmosfera … e ademais, o aforro económico que obterás. Todo isto con pouco esforzo.

 

 

Imagen de un mapa mundi con los países en los que está presente GAP

Países nos que está a funcionar o programa GAP

PROGRAMA GAP es unha iniciativa que se desenvolve en 20 países e na que participaron xa máis de 500.000 fogares en todo o mundo.

» Bielorrusia.
» Bélxica.
» Corea.
» España.
» Estados Unidos.
» Finlandia.
» Gran Bretaña.

» Holanda.
» Islandia.
» India.
» Irlanda.
» Kenia.
» Letonia.
» Nepal.

» Noruega.
» Polonia.
» Rusia.
» Suecia.
» Ucraína.
» Vietnam

Copyright 2009 Plan de Acción Global | DECLARACIÓN DE PRIVACIDADE | TERMOS DE USO