Beneficios para o teu fogar e para o planeta
Se te apuntas ao PROGRAMA GAP terás unha páxina persoal na que poderás descargar catro manuais con propostas de accións sobre como aforrar enerxía e auga, que podes facer para mellorar os teus hábitos de transporte e cales son as compras máis sostibles. Poderás ver os resultados que obtés con estas accións e o aforro que supoñen en litros de auga, kWh e quilogramos de CO2 que deixas de emitir á atmosfera … e ademais, o aforro económico que obterás. Todo isto con pouco esforzo.