Quen somos: Plan de Acción Global

Global Action Plan é unha organización internacional que actúa en máis de 20 países cuxo obxectivo é mellorar a relación das persoas co medio natural promovendo o cambio de hábitos nas actividades cotiás.

 

Quen somos

Plan de Acción Global para a Terra, o GAP como é máis coñecido polas súas siglas en inglés, é unha asociación (Nº 161.132, 6 de noviembre 1996), que representa en España a Global Action Plan e que ten como obxectivo principal
“…axudar a unha maioría de cidadáns e cidadás a contribuír de forma significativa a mellorar a calidade ambiental do noso planeta mediante o cambio consciente dos seu hábitos de consumo de recursos e a fomentar o desenvolvemento dun novo estilo de vida sostible…”.
Desde o ano 1989 en que comezou a desenvolverse GAP nos Estados Unidos, máis de vinte países uníronse a esta proposta. España, Gran Bretaña, Suecia o Polonia son algúns dos países europeos que participan nesta iniciativa. Na actualidade, máis de 500.000 persoas en todo o  mundo desenvolveron este programa con éxito.

Se queres saber máis sobre GAP visita a súa páxina web: www.programagap.org.

Copyright 2009 Plan de Acción Global | DECLARACIÓN DE PRIVACIDADE | TERMOS DE USO